lunes, 24 de julio de 2017
domingo, 23 de julio de 2017
Con ás de anxo
[ga]
Vin a aquela muller con sorriso dócil e de ollos tristes. Lamento non ter dito o moito que admirei a súa forza; sentín non ter suficiente para o moito que me ofrecía coa súa coraxe de persoa "de rúa", de pasado difícil e de lastre contemporáneo.
Muller de cores alegres e de mirada apagada; de bolso baleiro e colar delicado; de pescozo fráxil e de saúde feble.
Sentinme afortunada, sentinme doída; sentinme egoísta e xenerosa; recoñecinme un pouco nela mentres me contaba sobre a súa cor favorita.
Lucía un colar brillante que a facía ver máis noble e se cadra aínda máis pobre.
sábado, 1 de julio de 2017
On dirait que J'existe (en galicien)
Un asunto que me resulta ben difícil de encaixar é o ensalzamento da orixinalidade na rede onde a cotío se premia o ser (ou polo menos parecer) xenuino)mentres no mundo real continúa a ser unha fonte de estigmas.
¿Será a diferente linguaxe de programación?
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
