Síntoo se desta vez non teño xuício ao respecto, pero non me interesa falar sobre a decisión dun personaxe en particular sobre a súa vida privada, nin sobre partido de cor algunha; o que me preocupa é o empeño en cinguirse en exclusiva a unha agrupación ou bandera, en lugar de revisar os valores que nos fan chegar ata onde estamos; poder falar sen medo, nin da censura ou das discrepancias, porque as mentiras tratadas coma o que son, caducan.
Sei que pode soar de excesivo ensoño, pero creo que nesta imperfección na que vivimos, debe existir unha vía tácita que harmonice as nosas diferentes realidades.