(Este texto foi escrito para un vello proxecto. O único elemento que non formaba parte da miña creación era unha fotografía que non se atopa aquí presente)
De ser Santiago, de Compostela non me movo, e hai tempo que viaxo máis aló do Obradoiro. Como era? xa me esqueceu; como será agora?
Figuradas, fago
imaxes do novo mundo, pola xente que entra e sae do meu plano, en escena.
Aprendín, sen darme
conta, linguas de todo o mundo, e culturas pola lectura nas xentes que me
visitan, apenas sen mirar para min, e non lles podo falar. Eu son o ídolo e o
damnificado.
¡Quen me dera non
ser mostra de circo, e divertirme coas xentes! Aquí imposto: Santiago, como me
chaman; e non fago honra en significante da emoción, máis ben, frustrado me
sinto; e eles... grazas a eles, peregrinos, vexo mundo entrando no meu
teatro... teatro... eu creo neles, eles cren ¿en min?.
Quixera ser eu quen
os alentase, e, séndoo, non o son, senon na máscara de ferruxe. Eu en alma, sen
soberbia. Ecos: <<... Hidacio... Orosio>>, treboada. Prego ao ceo,
perdoe esta ira: <<o diaño é carroñeiro; eu, por ser, nin corpo son, ceo
aberto a tempestades, pechado a "herexes", tal son eu:
escravo>>.
[Incluír intro “informativos”, antes da interpretación
(imaxe de Santiago: actor 1, voz
presidiaria le nun globo de pensamento,
que na segunda cartulina _primeira que se le, segunda que se ve por
detrás_ ten treboada.... final anunciando temporal e anaco da canción “the
prayer] – [teatralización co texto case igual, pero mínimamente adaptado. Lemos
o pensamento que é “a nube” e á vez é o temporal que anuncia o ceo]
Constantemente: Ideas ambiguas.
Alusións: Apóstolo Santiago, Prisciliano.

