lunes, 1 de enero de 2018

Rebeldía espiritual


(Este texto foi escrito para un vello proxecto. O único elemento que non formaba parte da miña creación era unha fotografía que non se atopa aquí presente)


  De ser Santiago, de Compostela non me movo, e hai tempo que viaxo máis aló do Obradoiro. Como era? xa me esqueceu; como será agora?

    Figuradas, fago imaxes do novo mundo, pola xente que entra e sae do meu plano, en escena.


    Aprendín, sen darme conta, linguas de todo o mundo, e culturas pola lectura nas xentes que me visitan, apenas sen mirar para min, e non lles podo falar. Eu son o ídolo e o damnificado.

    ¡Quen me dera non ser mostra de circo, e divertirme coas xentes! Aquí imposto: Santiago, como me chaman; e non fago honra en significante da emoción, máis ben, frustrado me sinto; e eles... grazas a eles, peregrinos, vexo mundo entrando no meu teatro... teatro... eu creo neles, eles cren ¿en min?.


    Quixera ser eu quen os alentase, e, séndoo, non o son, senon na máscara de ferruxe. Eu en alma, sen soberbia. Ecos: <<... Hidacio... Orosio>>, treboada. Prego ao ceo, perdoe esta ira: <<o diaño é carroñeiro; eu, por ser, nin corpo son, ceo aberto a tempestades, pechado a "herexes", tal son eu: escravo>>.




Ás veces, con humores, alguén me nomea en gracia: <<Prisciliano>>.








[Incluír intro “informativos”, antes da interpretación (imaxe de  Santiago: actor 1, voz presidiaria le nun globo de pensamento,  que na segunda cartulina _primeira que se le, segunda que se ve por detrás_ ten treboada.... final anunciando temporal e anaco da canción “the prayer] – [teatralización co texto case igual, pero mínimamente adaptado. Lemos o pensamento que é “a nube” e á vez é o temporal que anuncia o ceo]

Constantemente: Ideas ambiguas.

Alusións: Apóstolo Santiago, Prisciliano.

Según-dos

 

    Me quedo en este planeta dulce fingiendo que no sé qué has vuelto porque ya otros lechos estaban fríos, diciendo que soy yo quien marca acentos con halagos bien sombríos "¡Cómo te echo de menos; ¡Tienes de mi corazón el reino!" .

    Dices que en el fondo nos queremos, que me admiras por ser yo pero soy yo que "por pensar freno"; sí, es verdad que resta afecto: ¿te quiero?: según tú es que si no muero.